Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Oroso abre a inscrición nas IV Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o sábado 17 de outubro e incluirán cata e saídas ao monte


O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas IV Xornadas Micolóxicas, que terán lugar no centro cultural de Sigüeiro o sábado 17 de outubro. A iniciativa está dirixida a todos os públicos, de xeito que os veciños e veciñas de Oroso que o desexen poderán introducirse no mundo da micoloxía dun xeito moi completo xa que non só conseguirán uns coñecementos teóricos, senón que tamén sairán ao monte a recoller cogomelos e participarán nun xantar-degustación no Restaurante Mariñaos.

A xornada comezará ás 9:00 horas cunha charla de introdución á micoloxía a cargo de Martín Souto, biólogo da Universidade de Santiago de Compostela, quen ensinará as diferenzas entre setas comestibles e tóxicas. Ás 11:00 horas terá lugar unha saída ao monte para recoller cogomelos, seguido dun xantar-degustación no Restaurante Mariñaos. Ás 17:00 horas, o centro cultural de Sigüeiro acollerá unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos apañados durante a mañá.

Os prezos de anotación son de 15 euros para adultos e 7 euros para nenos menores de 12 anos empadroados en Oroso. Os non empadroados en Oroso terán que aboar 22 e 14 euros, respectivamente. As inscricións poden realizarse no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 690 903. O prazo de anotación remata o vindeiro martes 13 de outubro.